Ardata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°26′39″N 35°53′31″L / 34.44417, -35.89194 Ardata foi unha cidade situada nas montañas ao leste da moderna Trípoli e non lonxe de Ullasa (próxima de Trípoli) que se chama actualmente Tell Arde e foi escavada.

Foi a primeira cidade interior que ocuparon os exipcios sobre a metade do século –XV despois de desembarcar en Ullassa. Pertencía ata entón a Tunip, un reino vasalo de Mitanni. Mentres os exipcios atacaban Qadesh e conquistaban outra cidade máis ao norte, Sumur, a cidade sublevouse instigada por Tunip, pero os exipcios acoraron a revolta.

O príncipe de Arasni, aliado a Abdi-Asirta xefe dos apiru de Amurru, conquistou Ardata sobre a metade do século -XV. Con esta cidade e Sigata como base do seu poder, os apiru estendéronse ao norte e ao sur. Morto Abdi-Asirta sobre o -1340, o seu fillo Pu-Bahla púidoa manter, pero a residencia tívoa na próxima Ullassa. Sobre -1330 quedou integrada no Reino de Amurru creado polo rei hitita Suppiluliumas I. É posíbel que entón Ardata fose a capital do reino con Aziru como rei.