Archives de sciences sociales des religions

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Archives de sciences sociales des religions (ASSR) é unha revista francesa fundada en 1956 en París por Henri Desroche e Gabriel Le Bras co obxectivo de promover unha perspectiva comparativa, abranguendo a todas as relixións vivas ou mortas, para favorecer unha cooperación de todas as ciencias sociais coa fin de esclarecer as múltiples facetas do fenómeno relixioso e de expoñer reflexións metodolóxicas e teóricas.

A publicación, que ata 1973 se denominou Archives de Sociologie des Religions, é trimestal, publicándose en francés, inglés e castelán e cada ano edita dous números temáticos e un boletín bibliográfico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]