Arapáimidos
Aparencia
Arapaimidae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arapaima sp. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Genera[1] | |||||||||||
Os arapáimidos (Arapaimidae) son unha familia de peixes de auga doce osteoglosiformes coñecidos por ter linguas óseas. Esta familia inclúe os xéneros Arapaima do Amazonas e o Heterotis de África.[1] As especies desta familia considérase ás veces que forman parte da familia Osteoglossidae.
Un estudo xenético mostrou que os Arapaimidae (Arapaima e Heterotis) diverxiron dos Osteoglossidae hai uns 220 millóns de anos, durante o Triásico tardío. Dentro dos osteoglósidos, a liñaxe que deu lugar ao Osteoglossum suramericano diverxiu hai uns 170 millóns de anos, durante o Xurásico medio. O xénero asiático e australiano Scleropages separouse hai uns 140 millóns de anos, durante o Cretáceo inicial.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2013). "Arapaimidae" in FishBase. August 2013 version.
- ↑ Kumazawa, Yoshinori (2003). "The reason the freshwater fish arowana live across the sea". Quarterly Journal Biohistory (Winter). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 19 July 2014.