Aquí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí

Aquí foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1945.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 23 de setembro de 1945.[1][2] Estaba dirixido por Ramón Porto Casás.[3] Aparecía os domingos. Publicáronse polo menos 9 números. O que fora o seu director, Ramón Porto Casás, donou en 1981 unha colección á Biblioteca Municipal de Vilagarcía de Arousa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 28-9-1945, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 30-9-1945, p. 6.
  3. El Ideal Gallego, 26-9-1945, p. 6.
  4. La Voz de Galicia, Pontevedra, 24-7-1981, p. 35.