Saltar ao contido

Applications Technology Satellite 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Applications Technology Satellite 2
ATS-2
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento6 de abril de 1967[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2][6]
Obxectivo da misiónDemostración de novas tecnoloxías no espazo.[2]
Decaemento2 de setembro de 1969[1]
NSSDC ID1967-031A
Masa324,3 kg[2][5]

Applications Technology Satellite 2 ou ATS 2 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 6 de abril de 1967 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características

[editar | editar a fonte]

ATS-2 probou diferentes tecnoloxías:[2]

  • Probou novos conceptos en deseño de satélites, propulsión e estabilización.
  • Tomou imaxes de alta calidade da cuberta nubosa e enviou datos meteorolóxicos procesados a través doutro satélite.
  • Proporcionou medidas in situ do contorno aeroespacial.
  • Probou sistemas de comunicación mellorados.

O satélite tiña forma de cilindro de 1,42 metros de diámetro e 1,83 metros de altura. A enerxía eléctrica proporcionábaan dous paneis solares que alimentaban un par de baterías recargables de níquel-cadmio. O satélite dispoñía de catro pértegas extensibles que podían alongarse ata os 28,2 metros de lonxitude para proporcionar estabilización por gradente gravitatorio.[2]

O sistema de telemetría consistía en catro transmisores de 2,1 vatios de potencia, dous transmitindo en 136,47 MHz e os outros dous en 137,35 MHz, ademais dun experimento de comunicación por microondas.[2]

Durante o lanzamento a segunda etapa do foguete fallou, deixando o satélite nunha órbita elíptica que acabou por facer que o satélite reentrara na atmosfera o 2 de setembro de 1969. Con todo, obtivéronse datos útiles dalgúns dos instrumentos, máis notablemente do experimento de raios cósmicos e partículas.[2]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATS 2" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (8 de xullo de 2011). "ATS 2" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  3. "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (67-20291): 2. 5 de setembro de 1967. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2018). "ATS 2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ATS 2, 4, 5" (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  6. Mark Wade (2018). "ATS-2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]