Apiaguaiki Tumpa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1863 |
Morte | 1892 (28/29 anos) Monteagudo, Bolivia (pt) |
Apiaguaiki Tumpa (c. 1863 – 29 de marzo de 1892) foi un dirixente dos guaranís bolivianos (chiriguanos). É considerado por moitos guaranís como un heroe nacional, coñecido pola súa loita para defender a terra e a liberdade do seu pobo do intereses do goberno boliviano, dos gandeiros e dos misioneiros. Foi executado após a súa derrota e o fracaso da súa revolta. A súa morte é conmemorada anualmente por moitos guaranís, e unha universidade de lingua guaraní na comunidade de Kuruyuki, en Bolivia, leva o seu nome.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome "Apiaguaiki" ou "Hapiaoeki" : etimoloxicamente «eunuco por Deus» en lingua guaraní, en referencia á castidade divina atribuída a este líder. "Tumpa" é o apelativo guaraní de carácter mesiánico «Home-Deus», asignado a algúns líderes guaranís, moitas veces ó mando de levantamentos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Saignes 2007, p. 150