Apatía (filosofía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A apatía (do grego apátheia, απάθεια), ou impasibilidade, é a virtude por excelencia dos estoicos e consiste na ausencia de paixóns (páthos).

Está estreitamente ligada ao concepto de providencia: xa que o estoico sabe que todo é como debe ser, el non se exalta nin se abate, firmemente convencido de que calquera suceso, aínda desagradábel, tende cara o ben.

Resúmeo de xeito excelente o poeta romano Horacio:

Rebus angustis animosus atque
fortis appare; sapienter idem
contrahes vento nimium secundo
turgida vela
(Quinto Horacio Flacco, Carmina, oda X)

É dicir: Nos sucesos desfavorábeis mostra un ánimo forte; do mesmo modo recolle sabiamente as velas inchadas polo vento demasiado favorábel.

Nesas afirmacións nótase como o concepto de apatía se amplía dentro da cultura ecléctica romana, ata asumir posicións epicúreas como a aurea mediocritas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]