Apéndice birrámeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apéndice birrámeo dun crustáceo.
1-5: enditos; 6: endopodio;
7: exopodio; 8: epipodio;
9: protopodio.

Nos artrópodos, os apéndices birrámeos son aqueles apéndices provistos de dos eixes; é dicir, que están divididos en dúas ramas.[1] Son característicos dos artrópodos acuáticos (trilobites e crustáceos).

A estrutura básica ideal dos apéndices dos artrópodos consta dunha parte basal ou proximal, que serve como punto de unión co cuerpo, e unha parte distal que, en principio, ten función locomotora.

Dependendo da morfología de dita parte distal, distínguense dous tipos morfolóxicos de apéndices, os unirrámeo, cun só eixe (típicos dos artrópodos terrestres, como os arácnidos, os miriápodos e os insectos), e os birrámeos, con dous eixes.[2]

Estrutura dos apéndices birrámeos[editar | editar a fonte]

Os apéndices birrámeos posúen, como quedou dito, dous eixes. A zona proximal chámase protopodio ou simpodio, e é na que se articulan as dúas ramas, unha principal interna (endopodio) e outra secundaria externa (exopodio). O protopodio pode ter tamén exitos e enditos, ademais de epipodios con función respiratoria. Os apéndices birrámeos son típicos dos artrópodos acuáticos (trilobites e crustáceos).

Non hai acordo sobre que tipo de apéndice apareceu primeiro no curso da evolución. Propoxéronse as tres hipóteses posíbeis, é dicir, que o modelo primitivo era unirrámeo, que o modelo primitivo era birrámeo, e que os apéndices unirrámeos e birrámeos se orixinaron de modo independente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. birrámeo -a adx Que ten os apéndices divididos en dúas ramas. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  2. Armengol, J. et al., 1986. Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Enciclopèdia Catalana, S. A., Barcelona, 437 pp. ISBN 84-85194-84-5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Armengol, J. et al. (1986): Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, S. A. ISBN 84-85194-84-5.
  • Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]