Aosdána
Aosdána (do irlandés aos dána; "xente da arte" en galego) é unha asociación irlandesa de artistas. Foi creada por iniciativa dun grupo de escritores e co apoio da Arts Council of Ireland no ano 1981. Requírese invitación de membros actuais para poder ingresar e está limitada a 250 persoas. Antes do ano 2005 estaba limitada a 200 membros. O seu corpo directivo chámase Toscaireacht. A súa principal finalidade é a de distinguir ós máis notábeis artistas do país.
Formación
[editar | editar a fonte]Aosdána estableceuse orixinalmente pola proposta do escritor Anthony Cronin e baixo a influencia e suxestión do Taoiseach Charles Haughey, ben coñecido polo seu apoio ás artes.
Cnuas
[editar | editar a fonte]Certos membros de Aosdána reciben un estipendio, chamado Cnuas, subvencionado pola Arts Council of Ireland. Estes cartos están destinados a permitir que o seu beneficiario poida traballar na súa obra a tempo completo. No 2010, a cantidade do Cnuas cifrábase en 17,180 €.
Saoi
[editar | editar a fonte]O título Saoi (en galego, sabio) é a maior honra que poden recibir os membros da asociación. Só pode haber sete saoithe (plural de saoi) vivos á vez. Os premios Nobel Samuel Beckett e Seamus Heaney acadaron este recoñecemento no seu día.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Aosdána (en irlandés) e (en inglés)