Antonio Santiago Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Santiago Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1894 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xullo de 1979 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Antonio Santiago Álvarez, alcumado Nito, nado na Coruña o 8 de decembro de 1894 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 1979,[1] foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De rapaz iniciouse como novilleiro. Emigrou a Cuba e traballou de xornalista na Habana. Alí aprendeu o oficio de linotipista. Volveu á Coruña e traballou no xornal La Voz de Galicia.

A mediados dos anos vinte converteuse no autor máis prolífico e exitoso de apropósitos. Despois do parón da guerra civil continuou co xénero en 1949 a petición do entón alcalde coruñés Alfonso Molina ata 1966. Nesta época os guións eran previamente supervisados pola censura franquista que os acurtaba a un terzo do orixinal.

O xénero local volve recuperarse en 1984 da man do seu neto: Antón de Santiago[2].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Los líos del Estatuto o "miss" Capitalidad
  • Vuelan mis ferretes
  • Viaje de "mis" Patela, de Nueva York a La Grela
  • Un ferrete sin censura es más bravo que un miura

Escribiu moitas comedias e varias zarzuelas.

  • El indulto, La represa y el río

Homenaxes[editar | editar a fonte]

En 2002 a cidade da Coruña púxolle unha rúa co seu nome en Monte Alto[3]. O seu neto humorista, Antón De Santiago, continúa a facer escarnio durante o Entroido coa compañía Nito.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1915 casou con Sara Sanjurjo López, e foi pai de Elvira, María Luisa, Antonio, Carmen, Sara, Margarita, Mercedes, Carlos e Luis Santiago Sanjurjo. Enviuvou en 1933 e en 1939 volveu casar con Celia Álvarez Díaz, e foi pai de Victoria Santiago Álvarez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-7-1979, p. 52.
  2. "Las cajas y las elecciones, estrellas de los Apropósitos del carnaval de A Coruña". El Mundo (en castelán). 7 de marzo de 2011. 
  3. "Las aceras de la carcajada". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-02. Consultado o 2020-01-11. 
  4. "Antón de Santiago: "La bronca entre Losada y Vázquez da mucho juego"". La Opinion de A Coruña (en castelán). 23 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]