Antonio Rivera Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Rivera Losada
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 2002 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata

Antonio Rivera Losada, nado en Mera de Abaixo (Ortigueira) en 1920 e finado en Ortigueira o 16 de marzo de 2002,[1] foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Rivera López, un tratante de gando, e dunha mestra de escola, os seus pais foron represaliados logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o pai estivo fuxido e despois estivo na cadea, e a nai foi suspendida de emprego e soldo e foi trasladada. Iniciou a carreira de Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en 1947 marchou a Madrid, onde entrou nos círculos intelectuais e comezou a frecuentar os parladoiros do Café Gijón, onde coñeceu a Camilo José Cela, de quen foi secretario durante un tempo. Colaborou en periódicos de Madrid e en La Voz de Ortigueira, gañou o Premio Nacional de Xornalismo en 1954. Marchou ao Brasil en 1957, desde onde colaborou en La Voz de Galicia. Volveu a Galicia, impartiu clases particulares e foi guionista de radio.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Las montañas de la niebla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-3-2002, p. L14.
  2. "Rivera Losada, el primer secretario de Cela", La Voz de Galicia, 31-12-1989, p. 86.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antonio Rivera Losada: a escrita, a vida e o pensamento. Concello de Ortigueira. 2012. ISBN 978-84-9812-190-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]