Antonio Otero Coira
Biografía | |
---|---|
Morte | marzo de 1961 Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , editor |
Antonio Otero Coira, finado en Vigo en marzo de 1961, foi un empresario e editor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresario de Vigo. En 1933 era director do centro de cobros Veritas.[1] En 1937 fundou e dirixiu a revista Cartel en 1937, e en xullo dese ano creou a Librería Editorial Cartel, para publicar unha colección de novela, "La Novela Nueva", que iniciou con Romance de amor y guerra de Ana María Díaz,[2] e continuou con Así como fue e Leyenda de aldea, anunciando en outubro a convocatoria dun concurso de novela breve.[3] Dono de Establecimientos Otero. En 1953 fixo unha proposta ao Concello de Vigo para solucionar o problema do transporte na cidade.[4] Finou en Vigo en marzo de 1961.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Luisa Ocaña Fernández, filla de Fernando Ocaña Larrín, en setembro de 1932,[6] e foi pai de María Luisa, Ignacio, Fernando, Enrique e Cristina Otero Ocaña.