Antonio Orellana Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Orellana Pereira
Lugar de nacementoSoutomaior
Falecementooutubro de 1913
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Orellana Pereira, nado en Soutomaior e finado no mesmo concello en outubro de 1913[1], foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado, exerceu a súa actividade en Redondela dende 1895. Loitador agrarista e republicano, foi fiscal municipal de Redondela (1901), secretario do concello, concelleiro de Redondela e 1º Tenente de Alcalde (1913). Dirixiu os periódicos La Escoba, El Pueblo e colaborou en El Alvedosa, La Propaganda, Nueva Gente e La Opinión.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Juana González.

Homenaxe[editar | editar a fonte]

Na República, o 10 de abril de 1932, a Sociedade de Agricultores de Soutomaior realizoulle unha homenaxe conxunta con Antonio Portela Lourido, á que se sumou a corporación de Redondela e unha representación das sociedades agrarias de Reboreda, Trasmañó, O Viso e Cesantes e a mariñeira da vila de Redondela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en Noticiero de Vigo, 18-10-1913, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 17. ISBN 84-8302-720-8.