Antonio Martín Escudero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Martín Escudero
Nacemento17 de xaneiro de 1895
 Belvís de Monroy
Falecemento1937
 Bellver de Cerdanya
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Martín Escudero, nado en Belvis de Monroy (provincia de Cáceres) o 17 de xaneiro de 1895 e finado en Bellver de Cerdanya (provincia de Lleida) o 27 de abril de 1937, máis coñecido como El Cojo de Málaga pola coxeira causada por unha osteíte na súa perna dereita, foi un anarcosindicalista e militante anarquista da Federación Anarquista Ibérica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes a Cataluña, ante a loita que levan a cabo o gobernador civil de Barcelona, Martínez Anido, e os pistoleiros da patronal contra o movemento obreiro e os seus líderes sindicais, entra en contacto co grupo Los Solidarios en Barcelona (1922). En 1923, ó producirse o golpe de estado de Primo de Rivera en España, establécese en Puigcerdà (capital da Baixa Cerdaña) delegado pola Confederación Nacional do Traballo para colaborar no contrabando de armas destinadas á loita contra a ditadura. En 1924, a causa da súa enfermidade, pasa ó exilio residindo en Francia ata 1934, mantendo o contacto con outros membros de "Los Solidarios", como Durruti. Volve a España instalándose na Cerdaña e traballando como albanel á par que mantén a súa militancia na CNT; en 1936 asiste ó congreso da CNT de Zaragoza como delegado.

Durante a guerra civil española asume funcións de alcaldía de Puigcerdà, sendo coñecido pola súa indiscriminada ferocidade, represalias pola comarca e enfrontamentos con outros grupos republicanos da zona, como as milicias pirenaicas, pero con apoio de grupos do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM).

Morreu nun enfrontamento en Bellver de Cerdanya (Pireneo catalán) ó intentar asaltar dita vila, pouco antes das xornadas de maio de Barcelona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • R. Sanz. El Sindicalismo y la política, "Los Solidarios" y "Nosotros". Tolosa, 1966.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]