Saltar ao contido

Antonio Luis Baena Tocón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Luis Baena Tocón
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor en Wikidata
Morte1998 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Actividade
Ocupaciónfuncionario Editar o valor en Wikidata


Antonio Luis Baena Tocón, nado en 1915 e finado en 1998, foi un militar e funcionario español que nos anos posteriores á guerra civil española formou parte de varios tribunais militares do Franquismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1939 e 1943, coa graduación de alférez, Baena Tocón foi destinado ó Xulgado Especial de Prensa,[1] encargado de perseguir e depurar a aqueles que escribiran en medios de comunicación durante a República. Baixo as ordes do xuíz instrutor encargouse de investigar a Hemeroteca Municipal de Madrid, anotando os nomes de escritores e xornalistas xunto con comentarios sobre o carácter dos presuntos delitos que estes terían cometido nos seus escritos literarios.[2]

Foi tamén membro de varios consellos de guerra relacionados co Xulgado Especial de Prensa, entre eles o instruído contra o poeta Miguel Hernández, condenado a morte en marzo de 1940, pena posteriormente conmutada por 30 anos de prisión. Baena Tocón figurou como secretario deste consello, malia non posuír a titulación necesaria para este posto por non ter finalizado a carreira de Dereito.[3]

En xuño de 1966 foi nomeado interventor do concello de Córdoba,[4] posto que desempeñou ata a súa xubilación.[5] Anteriormente fora habilitado como viceinterventor da Deputación Provincial de Córdoba.[6]

Polémica

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2019 a Universidade de Alacante, tras unha solicitude do fillo de Baena Tocón, borrou dos seus arquivos dixitais toda referencia á participación de Antonio Luis Baena Tocón no xuízo de Miguel Hernández.[2] Isto provocou un efecto Streisand, e o nome de Baena Tocón pasou a ser trending topic nesa data.[7]

Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.

  1. Ríos Carratalá, Juan Antonio (2015). Nos vemos en Chicote: imágenes del cinismo y el silencio en la cultura franquista. Valencina de la Concepción: Editorial Renacimiento. ISBN 978-84-16246-83-0. 
  2. 2,0 2,1 Bono, Ferran (18 de xuño de 2019). "La Universidad de Alicante borra en Internet el nombre del secretario del juicio contra Miguel Hernández". El País. Consultado o 19 de xuño de 2019. 
  3. Ríos Carratalá, Juan Antonio (2015). "El caso Diego San José, la sombra de Miguel Hernández y el juez humorista". Anales de la literatura española contemporánea (Society of Spanish and Spanish-American Studies) 40 (Extra 1): 355–375. ISSN 0272-1635. 
  4. Payá, Juanjo (3 de novembro de 2015). "Los verdugos de Miguel Hernández". Levante-EMV. Consultado o 19 de xuño de 2019. 
  5. "Antonio Luis Baena Tocón nuevo interventor del Ayuntamiento de Cordoba". Habilitados Nacionales. 2 de xullo de 1966. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  6. Anderson, Peter; Arco Blanco, Miguel Ángel del (2011). "Construyendo la dictadura y castigando a sus enemigos. Represión y apoyos sociales del franquismo (1936-1951)". Historia Social (Fundación Instituto de Historia Social) (71): 125–141. ISSN 0214-2570. 
  7. "Cuando intentas borrar la historia y te comes un efecto Streisand como un piano". Público. 18 de xuño de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2019.