Antonio Gil Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Gil Otero
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1889 Editar o valor em Wikidata
Ferrol Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartit Socialista Unificat de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Comandante de (OBSOLETO)109.ª Brigada Mixta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Aragon Front (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Antonio Gil Otero, nado en Ferrol o 1 de xullo de 1889, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Infantaría de Toledo. Militar profesional. Membro da masonaría, estaba afiliado a Izquierda Republicana. En xullo de 1936 estaba destinado no Rexemento Albuera nº 16 de Lleida co rango de maior.[1] Na guerra civil desempeñou diversos mandos na columna «Carlos Marx», composta por membros do Partit Socialista Unificat de Catalunya,[2] e el mesmo chegou a afiliarse ao PSUC.[3] Foi xefe do Batallón de Barbastro, xefe da 109ª Brigada Mixta como tenente coronel de Infantaría,[4] xefe de Estado Maior da 28 División, xefe da 43 División, xefe do XI Corpo de Exército,[5][6] e xefe de estudos da Escola Popular de Guerra da fronte oriental. Coa derrota da República exiliouse en Francia e foi internado no campo de concentración de Sait Cyprien. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Engel, Carlos (1999). Historia de las Brigadas Mixtas del Ejército Popular de la República. Madrid: Almena. 84-922644-7-0. 
  • Maldonado, José María (2007). El frente de Aragón. La Guerra Civil en Aragón (1936-1938). Mira Ediciones. ISBN 978-84-8465-237-3. 
  • Rourera Farré, Luis (1992). Joaquín Maurín y su Tiempo: vida y obras de un luchador. Editorial Claret. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]