Antonio Garrido Correas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Peraleda de la Mata, España (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , poeta |
Lingua | Lingua castelá e lingua estremeña |
Antonio Garrido Correas, nado en Peraleda de la Mata (provincia de Cáceres), en 1964, é un poeta e tradutor estremeño.
Tamén traballa na creación pictórica con elementos da terra (pintura telúrica).
Obra
[editar | editar a fonte]Antonio Garrido fixo a tradución do libro O principiño de Antoine de Saint-Exupéry ó estremeño en 1999, baixo o título El Prencipinu. Foi coordinador da tradución e edición da mesma obra na Fala de Xálima: "U/O pequenu príncipi".
Un dos seus poemas, Tengu un osinu de peluchi, figura en Iberia Polyglotta de Hans-Ingo Radatz e A. Torrent-Lenzen, como mostra textual do estremeño. Antonio ten participado en varios congresos facendo os seus relatorios sempre en estremeño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A. de Saint-Exupéry, El Prencipinu, trad. Antonio Garrido Correas, Mérida, Carisma Libros, 1999.
- H. Radatz, A. Torrent-Lenzen, Iberia polyglotta, Lenzen, 2006.