Antonio García Mosquera
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Morte | xuño de 1936 Santiago de Compostela, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, editor |
Antonio García Mosquera, finado en Santiago de Compostela en xuño de 1936[1], foi un xornalista e editor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xefe do Negociado municipal de Facenda de Santiago de Compostela. O 11 de outubro de 1889 fíxose coa propiedade e a dirección de El Pensamiento Galaico. Posteriormente foi administrador de El Pensamiento Gallego e El Correo de Galicia. Na ditadura de Primo de Rivera foi secretario da "Liga de Amigos" de Santiago de Compostela.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Consuelo Saldarini Grimaldos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Santiago, 15-6-1936, p. 2.