Antonio Gómez Rigueira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 (86/87 anos) |
Alcalde de Alfoz | |
1969 – 2007 – Emilio Lousas Muíña → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Antonio Gómez Rigueira, nado en 1937, é un mestre e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de profesión, foi director do colexio público de Alfoz dende 1978 ata a xubilación. Foi nomeado alcalde de Alfoz polo gobernador civil en 1969. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou como independente a candidatura de UCD á alcaldía de Alfoz e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse como independente nas listas de Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de AP e foi reelixido. Volveu ser elixido alcalde polo PPdeG nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata que en 2007 decide abandonar a política.
Predecesor: ' |
Alcalde de Alfoz 1969 - 2007 |
Sucesor: Emilio Lousas Muíña |