Saltar ao contido

Antonio Fernández Miniño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Fernández Miniño
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 1985 Editar o valor en Wikidata (93/94 anos)
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzapateiro, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsEduardo Fernández Miniño
Rogelio Fernández Miniño
José Fernández Miniño Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1948

Antonio Fernández Miniño, nado no Porriño en 1891 e finado no mesmo concello o 26 de abril de 1985,[1] foi un zapateiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Fernández Rodríguez e Juana Miniño Barciela. Emigrou ao Brasil cara a 1910, onde traballou de albanel e zapateiro, fíxose sindicalista e colaborou na prensa. Foi expulsado do Brasil cara a 1919. Cando retornou tivo que facer o servizo militar en Ferrol. Ao rematar instalou un taller para fabricar calzado no Porriño. De ideoloxía libertaria, foi membro do Centro Cultural do Porriño. Colaborou en La Tierra.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado nun tobo ao coidado da súa muller. Os seus irmáns Eduardo, Rogelio e José Fernández Miniño, así como o irmán da súa muller, Víctor Valverde Mayo, foron asasinados polos franquistas. Entregouse en 1939. Foi xulgado en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Estivo preso na Prisión do Partido de Vigo. Foille concedida a liberdade provisional en febreiro de 1942.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Saladina Valverde Mayo en maio de 1924,[3] e foi pai de Esteban, Antonio, Eduardo, Carmen, Eulogio e Óscar Fernández Valverde.[4]

  1. Necrolóxica en Faro de Vigo, 27-4-1985, p. 45.
  2. BOE, 2-1942, p. 1517.
  3. El Pueblo Gallego, 21-5-1924, p. 7.
  4. El Pueblo Gallego, 12-3-1975, p. 16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]