Saltar ao contido

Antonio Dióxenes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Dióxenes
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor en Wikidata
MorteI milenio Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGrecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
PeríodoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século II Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEdición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, (sec:Diogenes)
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata

Antonio Dióxenes (en grego antigo Ἀντώνιος Διογένης) foi un autor da Antiga Grecia que escribiu unha novela, titulada Os prodixios alén de Thule (Τὰ ὑπὲρ Θoύλην ἄπιστα Tà hypèr Thúlēn ápista)[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os eruditos sitúano no século II, pero a súa cronoloxía é descoñecida, mesmo para Focio, que escribiu unha sinopse da novela[2].

A novela constaba de vinte e catro libros, dos que se salvaron dez, e estaba escrita en forma de diálogo sobre viaxes románticas e imaxinarias á Illa de Thule. Ademais do resumo de Focio, hai que engadir excerpta na biografía de Pitágoras de Porfirio e un papiro (núm. 50 P., século II-III).

  1. Porfirio, Vida de Pitágoras, 10-13.
  2. Focio, Bibliotheca, cod. 166.