Antonio Carreró Vergés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Antonio Carreró Vergés
Antonio Carreró Vergés 1936.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1936.
Nacemento 1889
  Vigo
Falecemento 27 de setembro de 1936
  Principado de Asturias
Nacionalidade España
Ocupación militar
editar datos en Wikidata ]

Antonio Carreró Vergés, nado en Vigo en 1889 e finado en Asturias o 27 de setembro de 1936, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Carreró Mestre. En 1915 entrou na Academia de Infantería. Como oficial de Infantería prestou servizos en África e tamén estivo destinado en Vigo. Cara a 1925 era primeiro tenente no Goberno Militar. Despois foi capitán no Rexemento de Murcia. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, por orde de Felipe Sánchez, declarou o estado de guerra en Vigo o 20 de xullo de 1936, leu o bando na Porta do Sol e ordenou disparar contra os que estaban presentes. Despois estivo á fronte do pelotón que fusilou a Emilio Martínez Garrido e outros republicanos vigueses. Marchou á fronte e morreu en Asturias a finais de setembro de 1936. Foi soterrado no cemiterio de Pereiró o 29 de setembro, cos soldados Eduardo Núñez Saavedra e Eugenio Rodríguez Cantero.

Polo seu acto do 20 de xullo, a Porta do Sol de Vigo foi rebautizado co seu nome, inutilmente porque a maioría da poboación local seguiu utilizando o nome orixinal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]