Saltar ao contido

Antigo cemiterio xudeu de Praga

Antigo cemiterio xudeu de Praga
Praga Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Relixión
Datas
 Fundación / creación
1439 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Superficie
   11.142 m² Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Patrimonio
Monumento nacional da República Checa
Identificador1000001589

Monumento cultural da República Checa
Identificador38865/1-451
Códigos e identificadores
VIAF156106196 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000012191693X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dj5r6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
Milleiros de tumbas están amoreadas no antigo cemiterio xudeu de Praga.
Antigo cemiterio xudeu de Praga.

O antigo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Starý židovský hřbitov) atópase no barrio xudeu de Praga (na República Checa), o Josefov. Foi empregado dende o século XV (a súa tumba máis antiga, a de Avigdor Kara, que data de antes de 1439) até o ano 1787.

O seu antecesor foi outro cemiterio chamado «O xardín xudeu», situado no Barrio novo de Praga e atopado recentemente grazas a diversas escavacións arqueolóxicas.

O número de tumbas de xente enterrada é incerto, porque hai varias capas de tumbas. En calquera caso, estimouse que hai aproximadamente 12 000 tumbas aparentemente visibles, nas cales descansan máis de 100 000 xudeus.[1]

Algunhas das persoas máis famosas enterradas no cemiterio son Mordecai Maisel (1601), Rabbi Judah Loew (1609), David Gans (1613) e David Oppenheim (1736).

Non está claro cando foi fundado exactamente o cemiterio. Isto foi tema de discusión de moitos expertos. Algúns deles aseguran que o cemiterio data do século V. Outros en cambio dátano na primeira metade do século XV, xa que a tumba máis antiga pertence ó rabino e poeta Avigdor Kara (1439) e atribúen a súa fundación ao rei Otakar II de Bohemia.

De acordo coa Halajá, os xudeus non deben destruír tumbas xudías, e tampouco se lles permite transportar unha tumba a outro lugar. Isto significa que cando o cemiterio quedou sen espazo e conseguir terra extra era imposible, máis capas de terra emprazáronse sobre as tumbas existentes, de maneira que as tumbas vellas quedaban desprazadas e enterradas baixo as novas capas de terra. Isto explica porqué as tumbas do cemiterio están emprazadas tan preto as unhas das outras. Ó final, o cemiterio acumulou máis de doce capas de terra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • PAŘÍK, Arno a Vlastimila HAMÁČKOVÁ, Pražské židovské hřbitovy = Prague Jewish Cemeteries = Prager jüdische Friedhöfe, Praha: Židovské muzeum v Praze, 2008.