Antón Mouzo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1957 Vimianzo, España |
Morte | 5 de xullo de 2007 (50 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Familia | |
Irmáns | Roberto Mouzo Lavandeiras |
Antón Mouzo Lavandeira, nado en Vimianzo o 14 de maio de 1957 e finado o 5 de xullo de 2007, foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A pintura de Antón Mouzo comezou a empregar cores e formas expresionistas nas súas primeiras teas realizadas con acrílicos. Na década dos oitenta comezou a empregar diferentes materiais en obras de paisaxes e animais, especialmente cabalos. na década dos noventa comeza a empregar as ceras, material co que conseguiría as súas creacións máis rechamantes.
Aos poucos, o cambio de procedemento leva tamén o artista a un troco de formato, o que deu lugar a pezas de maior tamaño e que interviñan no espazo. Tamén é nesta mudanza cando comeza a empregar nas súas composicións pequenas escamas brillantes de mica, extraídas dos penedos da Pasarela, en Vimianzo.
Exposicións e obras
[editar | editar a fonte]- En 1990 estivo presente na mostra Revisión dunha década (Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela) .
- En 1994, unha exposición individual na galería Atlántica.
- Na colectiva Diálogos co silencio, en San Domingos de Bonaval.
- Na individual Cos pés na terra (Casa da Parra de Santiago)
Ilustrou tamén unha edición do libro Costa da Morte blues, de Manuel Rivas e colaborou no filme Fisterra de Xavier Villaverde.
Vida
[editar | editar a fonte]Viviu boa parte da súa vida fóra de Galiza. Faleceu a causa dun linfoma de Burkitt.