Annika Sörenstam
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1970 (54 anos) Estocolmo, Suecia | ||||||||||||||||
Relixión | Ateísmo | ||||||||||||||||
Educación | Universidade de Arizona | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | golfista, arquitecta | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1992 - 2008 | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Suecia | ||||||||||||||||
Deporte | golf | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Cónxuxe | Mike McGee (2009–) | ||||||||||||||||
Irmáns | Charlotta Sörenstam | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Páxina web | annikasorenstam.com | ||||||||||||||||
Annika Sörenstam, nada en Estocolmo o 9 de setembro de 1970 é unha ex xogadora de golf sueca. Foi número 1 do mundo nas décadas de 1990 e 2000 e durante a súa carreira gañou 93 torneos, 72 deles no LPGA Tour estadounidense, o que a coloca terceira no historial.
Entre 1994 e 2007 xogou a Copa Solheim coa selección europea. Logrou 24 puntos en 37 partidos, o que a sitúa segunda no historial europeo por detrás de Laura Davies. Foi tamén capitá da selección internacional da Copa Lexus entre 2005 e 2008, logrando 8,5 puntos en 12 partidos.
Sörenstam ingresou no Salón da Fama do Golf Mundial en 2003 e recibiu o Premio Laureus á mellor deportista en 2004. En 2015 converteuse ademais nunha das primeira mulleres socias de The Royal and Ancient Golf Club of St Andrews.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que o primeiro deporte que practicou foi o tenis, imitando o seu ídolo Björn Borg, na súa adolescencia comezou a decidirse polo golf. En 1988, a campioa de golf sueca Pia Nilsson converteuse na súa adestradora e tres anos despois trasladouse á escola de golf da Universidade de Arizona, debutando no circuíto profesional en 1992.
En 1994 disputou a súa primeira temporada completa no LPGA Tour, onde acabou no posto 39 e foi nomeada Novata do Ano. Liderou a listaxe de ganancias en oito temporadas: 1995, 1997, 1998, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, obtendo o premio de Golfista do Ano en todas elas. Ademais, resultou segunda en 2000, terceira en 1996 e 2006, e cuarta en 1999 e 2008. Tamén gañou oito veces o Trofeo Vare á menor media de golpes, seis delas baixando de 70 golpes.
En 1997 conseguiu seis triunfos e cinco segundos postos en 22 torneos. En 2001 logrou oito vitorias e seis segundos postos. En 2002 venceu en once torneos, foi segunda en dous e terceira noutras dúas aparicións de 22. En 2003 acumulou seis vitorias e catro segundos postos en 17 torneos. En 2004 gañou oito veces e foi segunda en catro ocasións. En 2005 conseguiu dez vitorias e dous segundos postos en 20 torneos. Tras sufrir numerosas lesións, retirouse en 2008.
Na segunda rolda do torneo de Phoenix 2001, Sörenstam marcou unha tarxeta de 59 golpes (13 baixo par), primeira muller en lograr ese rexistro nun torneo oficial.
O 24 de outubro de 2002 gañou o ADT Championship e acabou a temporada do Circuíto LPGA cunha media de 68,7 golpes, a marca máis baixa da historia.[1] Esta era a súa quinta vitoria e levouna ao seu terceiro premio de Xogadora do Ano. Con todo, as súas 11 vitorias non alcanzaron as 13 de Mickey Wright en 1963.
En 2003 disputou o Colonial Invitational, primeira participación dunha muller nun torneo masculino do PGA Tour dende Babe Zaharias en 1945, onde non superou o corte.
Torneos maiores (10)
[editar | editar a fonte]- Campionato Kraft Nabisco: 2001, 2002 e 2005.
- Campionato LPGA: 2003, 2004 e 2005.
- Aberto dos Estados Unidos: 1995, 1996 e 2006.
- Aberto Británico: 2003.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Annika Sörenstam |