Saltar ao contido

Anna Sundström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Sundström

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Anna Christina Persdotter Editar o valor en Wikidata
26 de febreiro de 1785 Editar o valor en Wikidata
Spånga, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1871 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímica Editar o valor en Wikidata

Anna Sundström, nada o 26 de febreiro de 1785 e finada en 1871, cuxo nome de nacemento era Anna Christina Persdotter, foi unha química sueca que traballou como axudante do químico Jöns Jacob Berzelius de 1808 a 1836. Anna Sundström é considerada a primeira química sueca.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anna Persdotter era filla do granxeiro Per Jansson e máis tarde adoptou o seu nome científico de Sundström. Trasladouse á capital para traballar como criada e en 1808 foi contratada como empregada do fogar de Jöns Jacob Berzelius, quen a tratou como axudante e colega nos seus estudos. Durante o seu traballo na casa Berzelius recibiu unha educación en química e adquiriu unha gran cantidade de coñecementos na disciplina. Berzeluis afirmou que: "Ela utilizou o meu equipo e coñece o nome do equipo como unha graduada, e podo dicir con seguridade que pode destilar ácido clorhídrico .[2] Sundström tamén xestionaba o seu laboratorio e supervisaba aos seus estudantes, que a chamaban cariñosamente "a estrita Anna".

Anna Persdotter viuse obrigada a rematar o seu traballo con Berzelius cando este casou con Elisabeth Poppius en 1836.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Cada ano a división de química inorgánica da Academia Sueca de Química elixe a mellor tese de doutoramento en química inorgánica e outorga á autora o Premio Anna Sundström.[3][4]

  1. Karolinska Institutet 200 År - 1810-2010
  2. "Sundström". Archived from the original on 20 de marzo de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2021. 
  3. "Anna Sundström Award". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2021. 
  4. "Anna Sundström". KTH (en inglés). Consultado o 2021-12-18.