Anja Andersen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anja Andersen
Anja Andersen 20110907.jpg
Nacemento15 de febreiro de 1969
 Odense
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónbalonmanista e Adestradora de balonmán
editar datos en Wikidata ]

Anja Andersen, nada en Odense o 15 de febreiro de 1969 é unha ex-xogadora e adestradora dinamarquesa de balonmán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Andersen é coñecida pola súa habilidade como xogadora ofensiva, ademais do seu forte temperamento e coraxe. Foi unha parte importante no renacemento do balonmán dinamarqués na década de 1990. Xogou 133 partidos coa selección dinamarquesa e marcou 726 goles.

Retirouse como xogadora en 1999 a causa dun problema cardíaco.