Anitos
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 451 a. C. Euonymon |
| Morte | 388 a. C. |
| Estratego | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar, retórico |
| Carreira militar | |
| Rango militar | estratego |
| Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:An′ytus Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Anitos, en grego antigo Ἄνυτος Anutos, nado no século V a.C., era o xefe dos acusadores durante o proceso contra Sócrates.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era un ateniense rico, pertencente ao partido democrático, participou activamente na caída do goberno oligárquico dos Trinta, opúxose igualmente aos sofistas.
No ano 399 a.C. acusou, xunto co orador Licón e o poeta Meleto, a Sócrates de non crer nos deuses da cidade, introducir novas divindades, corromper á mocidade e apoiar ao tirano Critias. Sócrates foi recoñecido culpable e condenado a beber cicuta. Despois da morte do filósofo fuxiu de Atenas.