Angustus Labyrinthus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angustus Labyrinthus
Angustus Labyrinthus vista dende a través do THEMIS.
Tipo de rexión Vallis
Terreo caótico de Marte
Lonxitude 67,52 km[1]
Coordenadas 81,72° S 63,39° O[1]
Procedencia do nome Nome dun antigo accidente xeolóxico de Marte.[1]

Angustus labyrinthus é unha complexa intersección de vales e sucos preto do polo sur marciano (no cuadrángulo Mare Australe), situado en 81,72° S e 63,39° O. Foi alcumada coma "Cidade Inca" polos científicos da NASA, debido á súa semellanza superficial cunha cidade en ruínas.[1] Como outras formacións da área, deriva do nome 'Angustus', nome outorgado por Eugene Antoniadi en 1930 a un antigo accidente xeolóxico de albedo, que corresponde coa zona. O nome foi aprobado en 2006.[1]

Angustus Labyrinthus foi descuberta pola sonda Mariner 9, que fotografou unha pequena área que semella as ruínas dunha cidade antiga. Parecía que as dunas de area foran formadas por ventos que sopraban en dúas direccións diferentes, pero o caso era que as dunas eran moi grandes. No 2002, a cámara da Mars Global Surveyor revelou que a "Cidade Inca" formaba parte dunha grande estrutura circular maior, que tería uns 86 km de diámetro. Esa forma significaba que probablemente a estrutura maior fora causada por un impacto dun asteroide que rachou a cortiza. Máis tarde, o magma fluíu ó longo das fendas e cando o magma se arrefriou, formáronse paredes (diques) duras e resistentes a erosión. O cráter acabou recuberto, para posteriormente ser parcialmente desenterrado. As paredes duras de rocha permaneceron ergueitas cos seus arredores cheos de material suave procedente da erosión.[2]

Angustus Labyrinthus visto a través do HiRISE. As manchas brillantes son depósitos de xeada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS Astrogeology (ed.). "Angustus Labyrinthus on Mars". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 27-02-2016. 
  2. Hartmann, W. 2003. A Traveler's Guide to Mars. Workman Publishing. NY NY.