Saltar ao contido

Angelfish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angelfish
A vocalista Shirley Manson en 2012
OrixeEdimburgo, Escocia Escocia
Período1991 - 1994
Xénero(s)rock alternativo, dream pop, rock gótico
Selo(s) discográfico(s)Radioactive Records/MCA
MembrosShirley Manson
Martin Metcalfe
Fin Wilson
Derek Kelly
Na rede
http://myspace.com/angelfishband
Musicbrainz: 35a125bb-674e-4155-b6b8-bfde69a3f3e7 Songkick: 129524 Discogs: 251965 Allmusic: mn0000755901 Deezer: 13200 Editar o valor en Wikidata

Angelfish foi unha banda de rock alternativo escocesa de curta vida procedente de Edimburgo e formada como proxecto paralelo do grupo Goodbye Mr Mackenzie, despois de que a teclista e corista Shirley Manson asinase como artista en solitario para eludir o contrato discográfico existente dos Mackenzies.[1] Angelfish editou un único álbum autotitulado, Angelfish, e dous sinxelos dos cales o primeiro foi o EP "Suffocate Me", que sería un éxito menor na radio universitaria.[2]

O video musical de "Suffocate Me" foi emitido unha vez no programa 120 Minutes da MTV, onde foi visto polo cofundador de Garbage Steve Marker.[3] Despois pedíronlle a Manson que se unise a Garbage e ela aceptou.[4] O proxecto Angelfish disolveuse, mentres que Goodbye Mr Mackenzie continuou outros dous anos sen Manson.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Angelfish 1994 Radioactive Records/MCA Records
  1. "Goodbye Mr Mackenzie - Biog". blokshok.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 2022-12-26. 
  2. 2,0 2,1 "Garbage". Record Collector. 1 de febreiro de 1997
  3. "Garbage: Behind The Music". Behind The Music. 31 de marzo de 2002
  4. "Angelfish Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-26.