Andreas Uldum
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1979 (45 anos) Nuuk, Groenlandia |
Ministro de Economía | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Demokraatit |
Andreas René Uldum, nado o 21 de abril de 1979 en Qeqertarsuaq, é un músico e político groenlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado en traballo social, fíxose famoso no seu país como guitarrista da banda de rock DDR, formada en 2002[1]. No ano 2007 debutou como solista co CD de música infantil, Angakkuakkatut. Membro do Parlamento desde 2009, entre 2013 e 2014 foi tamén concelleiro e vicealcalde de Sermersooq.
En 2014 o seu partido, os Demócratas, elixiuno como o seu presidente e tras as eleccións xerais dese ano converteuse en viceprimeiro ministro e ministro de finanzas.[2][3]. En novembro de 2015 anunciouse que Andreas Uldum collera unha baixa por estrés, nomeándose de forma temporal un novo ministro.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de DDR en greenlandicpopularmusic.com (en dinamarqués)
- ↑ "naalakkersuisut.gl". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 27 de decembro de 2015.
- ↑ Mads Dollerup-Scheibel: Anda Uldum: The man with the key to the national coffers and the mines Nordic Labour Journal, 6 de marzo de 2015
- ↑ ""Mr Right Now" The Arctic Journal, 3 de novembro de 2015". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil na web do parlamento (inglés)