Andrés Suárez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Suárez Rodríguez
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor em Wikidata
Mortexuño de 1951 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Andrés Suárez Rodríguez, nado cara a 1890 e finado en Santiago de Compostela en xuño de 1951,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do comerciante compostelán Ramón Suárez Loureiro e Juana Rodríguez Raso. Republicano compostelán, asistiu a sinatura do pacto de Lestrove. Foi elixido concelleiro nas eleccións de abril de 1931 e foi sexto tenente-alcalde.[2] En xullo de 1931 foi elixido tesoureiro do Partido Republicano Radical Socialista de Santiago de Compostela.[3] Foi cesado como concelleiro en 1934. Foi elixido secretario do grupo local de Santiago de Compostela de Unión Republicana na reunión constitutiva de febreiro de 1935,[4] e presidente en xaneiro de 1936.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado por masón. En 1944 incoáronlle un expediente de responsabilidades políticas.[6] En maio de 1945 foi sancionado cunha multa de 500 pesetas por escándalo e palabras hostís ao Réxime xunto con Manuel Calvo Guerra, Javier Lago Barreiro, Francisco Veiga Lago, Heliodoro Toubes Santos e Agustín Amenedo Reboredo.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Rivas Sanmartín e foi pai de Concepción (finada en 1942), Teresa, Maruja, Ramón, Andrés, Luis, Manuel e Carmen Suárez Rivas.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 2-6-1951, p. 2.
  2. El Compostelano, 20-4-1931, p. 1.
  3. El Compostelano, 13-7-1931, p. 1.
  4. La Voz de Galicia, 9-2-1935, p. 8.
  5. El Compostelano, 13-1-1936, p. 2.
  6. El Compostelano, 3-4-1944, p. 2.
  7. El Correo Gallego, 20-5-1945, p. 2.
  8. El Compostelano, 13-2-1942, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]