Andes, Nova York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio no Distrito Histórico de Andes

Andes é unha corporación municipal (town[1]) do condado de Delaware do Estado de Nova York de 1234 habitantes[2]. A principal entidade de poboación é a localidade homónima de Andes que ata 2003 contou, dentro da town de Andes, coa súa propia municipalidade, constituíndo xa que logo unha village[3], e que dende entón constitúe un hamlet [4].

Historia[editar | editar a fonte]

Granxa Jackson-Aitken (ca. 1850)

A rexión formaba parte do territorio dos lenape e tras da Guerra de independencia comezaron a se instalar na zona familias de orixe neerlandesa, alemá e escocesa[5]. En 1819 estableceuse como unha entidade propia co rango de town ao se separar de Middletown, e como boa parte do condado de Delaware formaba parte da casa señorial Hardenbergh Patent, propiedade de membros da familia Livingston. O 7 de agosto de 1845[6], xa ao final da revolta coñecida como Anti-Rent War, cando as autoridades intentaban vender unha propiedade confiscada e ao negar o acceso o anterior propietario, numerosos veciños da zona vestidos coma indios dispararon, matando ao subshériff Osman N. Steele. Detivéronse a varios veciños e houbo tres sentenzas a cadea perpetua e dúas penas de morte, aínda que logo lles conmutaron a pena.

O 3 de xuño de 2002, os residentes da principal localidade, Andes, decidiron disolver a súa autonomía municipal (village) nunha elección por 81 a 63 votos[7], decisión que entrou en vigor o 31 de decembro de 2003.

Un total de 129 edificios da zona vella de Andes incluíronse en 1984 nun Distrito Histórico [8] e a granxa Jackson-Aitken está tamén dende 2003 no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.[9]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a lexislación do Estado de Nova York town é unha corporación municipal. "New York Consolidated Laws, Town Law - TWN"
  2. "Population and Housing Unit Estimates". Consultado o 9 de xuño de 2017. 
  3. No Estado de Nova York village fai referencia a unha corporación municipal integrada nunha town Local Government Handbook, p. 81 Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.
  4. En Nova York, hamlet é unha entidade de poboación sen autonomía local
  5. W.W. Munsell The History of Delaware County. The Town of Andes
  6. "Undersheriff Osman N. Steele" Officer Down Memorial Page
  7. Breakey, Patricia. "Andes residents begin life after end of village" Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. The Daily Star (Oneaonta). 9 de xaneiro de 2004.
  8. NRHP
  9. NRHP