Saltar ao contido

And the Mountains Echoed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

And the Mountains Echoed
 Título
And the Mountains Echoed Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Temática
Publicación
 Editorial
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
21 de maio de 2013 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Goodreads21933087 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL16804912W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0vwx_dq Editar o valor en Wikidata
Wikidata

And the Mountains Echoed é a terceira novela do escritor afgán Khaled Hosseini. Publicada en 2013 por Riverhead Books, desvíase do estilo de Hosseini nas súas dúas primeiras obras para evitar centrarse só nunha única personaxe. Por iso, o libro está escrito como unha colección de historias curtas, e cada un dos seus capítulos está escrito dende a perspectiva dunha personaxe diferente. O piar da novela é a relación entre un neno de dez anos, Abdullah, e a súa irmá de tres anos, Pari, así como a decisión do pai de ambos de vendela a ela a unha familia sen fillos de Cabul, un evento que une as distintas narrativas.

Hosseini declarou que o seu obxectivo nesta novela era facer as personaxes máis complexas e moralmente ambiguas. Continuando co tema familiar estabelecido nas súas obras anteriores, O cazador de papaventos e Un milleiro de soles espléndidos, And the Mountains Echoed céntrase na relación dos dous irmáns. Ademais de Abdullah e Pari, Hosseini presenta outras dúas relacións entre irmáns: a da madrasta dos nenos, Parwana e a súa irmá discapacitada Masooma, e a dun médico afgán-americano chamado Idris e o seu curmán Timur.