Ancient Aliens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ancient Aliens é unha serie televisiva estadounidense que foi estreada o 20 de abril de 2010, na canle History.[1] Producida por Prometheus Entertainment nun estilo de documental, o programa presenta hipóteses de astronautas antigos e propón que textos históricos, a arqueoloxía e as lendas conteñen probas de contacto extraterrestre cos humanos da antigüidade.[2][3] O programa foi amplamente criticado por historiadores, cosmólogos e outros círculos científicos por presentar e promover a pseudociencia e a pseudohistoria.

A serie comezou cun especial de televisión homónimo que se estreou o 8 de marzo de 2009, na canle History. As tempadas 1–3 emitíronse na mesma canle até o ano 2011. Dende a tempada 4 até a metade da tempada 7, a serie emitiuse a través de H2. O 10 de abril de 2015, os episodios volvéronse emitir en History.

A tempada 13 estreouse o 27 de abril de 2018 cun especial de dúas horas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ancient Aliens Episode Guide". History.com. 25 de decembro de 2010. 
  2. "Ancient Aliens Theory". History.com. 25 de decembro de 2010. 
  3. "Evidence of Ancient Aliens?". History.com. 25 de decembro de 2010. 
  4. Cheetle, Julian (30 de marzo de 2018). "Ancient Aliens Season 13: What date will show return in 2018?". Monstersandcritics.com. Consultado o 28 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]