Ananda Marga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupo de seguidores de Ananda Marga durante unha xuntanza internacional en Italia en 1977

Ananda Marga é unha filosofía espiritual e un movemento relixioso, que actúa baixo o nome completo de Ānanda Mārga Pracaraka Samgha, establecida por Prabhat Ranjan Sarkar en 1955 no estado de Bihar, na India. O movemento define a súa misión como un servizo á emancipación individual por medio da autorrealización e á emancipación colectiva por medio da realización de todas as potencialidades espirituais, físicas e mentais e negan que sexan unha relixión pero adoita catalogarse dentro dos novos movementos relixiosos [1] con orixe no hinduísmo[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a fundación o seu líder organizou unha rede de misioneiros que difundiron o movemento pola India [3] e a partir de 1959 propuxo un programa de acción política, coñecido como PROUT (Teoría da Utilización Progresiva) na que declaraba a procura da democracia económica e dos dereitos humanos pero tamén xustificaba o uso da forza con argumentos morais [4]. Con ese programa presentouse ás eleccións en 1968 e 1969. Durante a década de 1970 unha pequena [5] fracción dentro do grupo realizou actos terroristas na India, o que levou á cadea ao seu líder en decembro de 1971 tras ser acusado por exmembros de conspirar para asasinar a rivais, e á prohibición da organización en 1975 e á condena a prisión perpetua do propio Sarkar, malia iso Niall MacDermot, secretario xeral da Comisión Internacional de Xuristas criticou o xuízo polo seu ton político e por obstrucións burocráticas [6]. Finalmente en 1978 nun novo xuízo Sarkar quedou absolto e a organización volveu á legalidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. George D. Chryssides (2011) Historical Dictionary of New Religious Movements Scarecrow Press
  2. James K. Walker (2007) The Concise Guide to Today's Religions and SpiritualityHarvest House PublishersHarvest House Publishers, páx. 31
  3. J. Gordon Melton, Martin Baumann (2010) Religions of the World, Second Edition: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices. ABC-CLIO, páx. 104
  4. Helen Crovetto Ananda Marga, PROUT, and the Use of Force in James R. Lewis (2011) Violence and New Religious Movements. Oxford University Press
  5. Stephen A. Kent (2001) From Slogans to Mantras: Social Protest and Religious Conversion in the Late Vietnam War Era. Syracuse University Press, páx. 47
  6. Comentario asinado por Niall MacDermot ao informe da CIX e da Liga de Dereitos Humanos sobre o xuízo a Sarkar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]