Anacondas: A cacería da orquídea sanguenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anacondas: A cacería da orquídea sanguenta
Ficha técnica
Título orixinal Anacondas: The Hunt for the Blood Orchid
Director Dwight H. Little
Produtor Acobus Rose
Verna Harrah
Susan Ruskin
Guión Hans Bauer
Jim Cash
Jack Epps, Jr.
Intérpretes Johnny Messner
KaDee Strickland
Matthew Marsden
Nicholas Gonzalez
Eugene Byrd
Karl Yune
Salli Richardson
Morris Chestnut
Música Nerida Tyson-Chew
Fotografía Stephen F. Windon
Montaxe Marcus D'Arcy
Mark Warner
Distribuidora Screen Gems
Estrea Flag of the United States.svg 27 de agosto de 2004
Galicia 29 de xaneiro de 2009 (TVG)
Duración 97 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Terror
Orzamento $20 000 000[1]
Recadación $70 992 898
Filme anterior Anaconda
Filme seguinte Anaconda 3: Offspring

Anacondas: A cacería da orquídea sanguenta (en inglés: Anacondas: The Hunt for the Blood Orchid, tamén coñecido como Anaconda 2: The Black Orchid, Anaconda 2: The Hunt for the Blood Orchid, ou simplemente Anaconda 2) é un filme estadounidense dirixido por Dwight H. Little que foi estreado no 2004. Secuela do filme de 1997 Anaconda. Estreouse en galego na TVG o 29 de xaneiro de 2009.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Unha expedición científica únese a un grupo dunha poderosa compañía farmacéutica na busca dunha rara orquídea negra que florece na xungla da illa de Borneo. O interese por esa flor débese a que contén unha poderosa substancia que alberga os segredos da eterna xuventude, incluso da inmortalidade. Pero axiña descobren que a orquídea úsana unhas serpes xigantes para aumentar o seu tamaño e a súa vitalidade.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2004: Nomeado ós Premios Razzie: peor remake ou secuela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Diario de León (ed.). "Anacondas: A cacería da orquídea sanguenta na TVG". Consultado o 23 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]