Ana Ferradás Barrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Ferradás Barrera
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ana Ferradás Barrera, nada en Ribadeo en 1963,[1] é unha atleta galega tricampioa de España dos 100 km en 2006, 2007 e 2008.[2][Cómpre referencia]

Despois de comezar a xogar ó baloncesto de nova, iniciouse no atletismo correndo un medio maratón. Correu o seu primeiro maratón no ano 2000 en Donosti. En Madrid no ano 2008 correu por España o campionato de Europa de 24 h, facendo 177,36 km, acadando o noveno posto.

Ten vivido a desigualdade de xénero no deporte.[1][Cómpre clarificar]

Despois de gañar o seu primeiro campionato de España de 100 km co Club Atletismo Narón, pasou ó Club de Atletismo Ribadeo dende a súa fundación no 2006, co que ganou os dous seguintes campionatos de 2007 e 2008.[3]. Continúa participando en carreiras e ganando premios como veterana.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pablo Yáñez (10/03/2019). "Ana Ferradás Barrera, atleta popular". A Mariña-el Progreso. 
  2. "Cristina Gonzalez, campeona de España de 100 km." (foro de debate). Correr en Galicia. Consultado o 10/3/2019. 
  3. "Real Federación Española de Atletismo". www.rfea.es. Arquivado dende o orixinal o 01/11/2019. Consultado o 10/3/2019. 
  4. "Cuatro medallas para el Club Atletismo Ribadeo en el Campeonato Gallego de Veteranos". ORT Noticias del Occidente de Asturias (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 10/3/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]