Saltar ao contido

Ambroa, Andoio, Tordoia

Ambroa
ParroquiaAndoio
ConcelloTordoia
Coordenadas43°07′59″N 8°36′11″O / 43.132989962064, -8.6031195565669
Poboación49 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Ambroa é un lugar da parroquia de Andoio no concello coruñés de Tordoia, da comarca de Ordes. Segundo o IGE[1], en 2022 tiña 49 habitantes (25 homes e 24 mulleres).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A etimoloxía deste topónimo carece de consenso. Por un lado, unha das primeiras teorías sobre a súa orixe está relacionada co pobo prerromano dos ambrones que, segundo Menéndez Pidal, colonizou o noroeste da Península Ibérica, co que se trataría dun topónimo baseado nun xentilicio. Non obstante, Bascuas considera que esta teoría, baseada nas colonizacións indoeuropeas, está completamente superada e é inconsistente e contraria ao que hoxe en día se sabe da expansión deste pobo. Este lingüista considera que procede do celta *ambra (auga), para o que argumenta que o lugar se localiza entre varias correntes de auga pequenas, habendo varios topónimos de orixe hidronímica na súa contorna.

Este topónimo aparece documentado en 1523, nun texto do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago, en que participa Alonso de Ambroa, habitante da freguesía de Andoio.

Outros topónimos iguais ou similares son Ambroa (Irixoa) e Ambroa (Cabovilaño, A Laracha).[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Andoio

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Andoio no concello de Tordoia (A Coruña)

Altiboa | Ambroa | Baldaio | Bouzarán | O Casal | O Castiñeiro | A Folgueira | Fornelos | O Lestido | Os Pazos | O Rego | Samede

Parroquias de Tordoia

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Tordoia

Andoio (San Mamede) | Anxeriz (Santa Mariña) | Bardaos (Santa María) | Cabaleiros (San Xián) | Castenda da Torre (Santa María) | Gorgullos (Santaia) | Leobalde (San Cristovo) | Numide (Santiago) | Tordoia (San Xoán) | A Vila de Abade (San Cibrán)

  1. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-06-26. 
  2. Martínez, Lidia Gómez; Méndez, Luz. "Toponimia de Tordoia". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-07.