Alvin Drew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alvin Drew
Alvin drew-2007.jpg
Datos persoais
Nacemento5 de novembro de 1962
LugarCidade de Washington
Actividade
MisiónsSTS-133 e STS-118
Tempo no espazo25,54 días
PremiosMedalla do Aire
editar datos en Wikidata ]

Benjamin Alvin Drew, nado en Washington, D.C. o 5 de novembro de 1962, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-118 e STS-133. Pasou un total de 25,54 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Drew é graduado en enxeñería astronáutica pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1984. É máster en Ciencia Aeroespacial pola Universidade Embry Riddle en 1995 e máster en Estudos Estratéxicos en Ciencias Políticas pola Universidade da Forza Aérea dos Estados Unidos en 2006.[1][2]

Foi seleccionado como especialista de misión pola NASA en xullo de 2000. Formou parte das misións STS-118 e STS-133, pasando un total de 25,54 días no espazo[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Drew, Benjamin Alvin Jr" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (marzo de 2011). "BENJAMIN ALVIN DREW, JR. (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]