Alumizine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alumizine é o nome dun propelente feito a base dunha mestura ao 43% de po de aluminio suspendido en hidracina cun axente xelificante co fin de aumentar a temperatura de combustión debido á alta entalpía de formación do óxido de aluminio como produto da combustión. O seu uso foi proposto para foguetes a finais dos anos 1960, pero nunca chegou a ser usado en voos reais, tan só en probas en terra. As razóns para iso foron as dificultades para desenvolver válvulas que poidan manexar sen fugas a mestura xelificada e a posible perda de rendemento ao tratarse dun propelente con dúas fases.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Wade (2011). "Alumizine" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2012. 
  2. Daniel P. Thunnissen, Carl S. Guernsey, Raymond S. Baker, Robert N. Miyake. "ADVANCED SPACE STORABLE PROPELLANTS FOR OUTER PLANET EXPLORATION" (PDF). American Institute of Aeronautics & Astronautics: 1–28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2010. Consultado o 26 de marzo de 2012.