Alosinos
Alosinos Alosinae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alosa fallax | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||
|
A dos alosinos (Alosinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da familia dos clupeidos (Clupeidae). Máis da metade das súas especies, pertencentes ao xénero Alosa, habitan en augas europeas e do Atlántico occidental, mentres que as demais se distribúen polo oeste de África, a rexión Indo-Pacífica e o Pacífico oriental.
Características
[editar | editar a fonte]Os alosinos son relativamente grandes, comparados con outros clupeidos. Algunhas especies poden chegar aos 60 cm de longo, pero o tamaño medio é de 20 a 30 cm. O seu ventre é escamoso, e o xénero Ethmidium tamén presenta escamas na parte anterior do lombo (antes da aleta dorsal).
A aleta dorsal está situada no centro do lombo, e as aletas pelvianas están implantadas xusto por debaixo dela. A aleta anal é curta e está claramente por detrás da aleta dorsal. As aletas pelvianas están sostidas por de seis a oito raios brandos.
Algunhas especies teñen moellas no tubo dixestivo.
A súa cor é xeralmente prateada, cunha mancha escura a miúdo detrás das aberturas branquiais (opérculos, e algunhas especies teñen tamén unha fila de puntos ao longo dos flancos do corpo.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]As especies dos Alosinae viven no mar cerca da costa, nas augas salobres dos esteiros e tamén as hai de auga doce. Algunhas especies son anádromas (migran do mar para os ríos para reproducírense)
Todas as especies forman cardumes.
Aliméntanse de diversos invertebrados e pequenos peixes. Algúns son filtradores (xénero Ethmalosa) alimentándose de fitoplancto.
Xéneros e especies
[editar | editar a fonte]- Alosa
Numerosas, ver Alosa - Brevoortia
- Brevoortia aurea Spix & Agassiz, 1829
- Brevoortia gunteri Hildebrand, 1948
- Brevoortia patronus Goode, 1878
- Brevoortia pectinata Jenyns, 1842
- Brevoortia smithi Hildebrand, 1941
- Brevoortia tyrannus Latrobe, 1802
- Caspialosa
- Caspialosa curensis Suvorov, 1907
- Ethmalosa
- Ethmalosa fimbriata Bowdich, 1825
- Ethmidium
- Ethmidium maculatum Valenciennes, 1847
- Gudusia
- Gudusia chapra Hamilton, 1822
- Gudusia variegata Day, 1870
- Hilsa
- Hilsa kelee Cuvier, 1829
- Tenualosa
- Tenualosa ilisha Hamilton, 1822
- Tenualosa macrura Bleeker, 1852
- Tenualosa reevesii Linnaeus, 1758
- Tenualosa thibaudeaui Durand, 1940
- Tenualosa toli Valenciennes, 1847
Usos
[editar | editar a fonte]Moitas especies, especialmente dos xéneros Alosa, Brevoortia e Tenualosa son de importancia económica para a pesca.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF