Alonso Mancebo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | filántropo ![]() |
Alonso Mancebo foi un rexedor do concello de Pontedeume no século XVI. A súa dona, Catalina Torquemada deixou no seu testamento en 1548 todos os seus bens ao seu marido, mais impón a condición de que se respectasen as catro capelanías na capela que fundaran, e que o sobrante do destinado a tal fin fora para casar orfos e vestir pobres.
O testamento de Alonso Mancebo e do ano 1557, e nel mantén as condicións impostas pola súa dona. Xorde deste modo a que sería coñecida como Obra Pía de Mancebo, que actuou como tal durante tres séculos. A partir de 1838 o diñeiro destinouse á instrución pública.
Unha rúa do centro histórico de Pontedeume leva o seu nome por acordo da corporación municipal de 14 de decembro de 1895.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Antonio Meijide Pardo. "Aportación a la historia económica y social de Pontedeume en la primera mitad del s. XIX". Anuario Brigantino, ISSN 1130-7625, Nº. 23, 2000, páxs. 239-254.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. no artigo de Carlos de Castro Álvarez, Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume, do nº 11 (2006) da revista Cátedra (en castelán).