Saltar ao contido

Alimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlimia
Vista aérea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°16′30″N 27°42′35″L / 36.275, 27.7097
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
GrupoDodecaneso - Δωδεκάνησα Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2011) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie6,5 km² Editar o valor en Wikidata
Medición4 (ancho) × 5 (lonxitude) km
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata

Alimia ou Alimnia (en grego: Αλιμιά) é unha illa grega do mar Exeo, que se atopa na zona marítima entre Rodas e Halki, no arquipélago do Dodecaneso . A superficie da illa é de 7´4 quilómetros cadrados e ten unha costa de 21 km. A illa tiña unha pequena poboación ata o período da segunda guerra mundial, e nas últimas décadas permaneceu deshabitada.

É utilizado por uns poucos habitantes de Rodas e Halki para pasar un par de días de camping e pesca .. algúns campistas deixaron subministracións como grellas, mesas, cadeiras e algúns servizos básicos.

A illa é mencionada por Plinio baixo o nome nome de Evlimnia asociado coas dúas grandes baías da illa, Emporio e San Xurxo, no lado oriental e occidental da illa que son portos naturais seguros. O seu uso na antigüidade confírmase polos impresionantes estaleiros tallados na roca, que datan do período helenístico cando pertencía ao estado de Rodas. No período helenístico, floreceu cando o estado de Rodas, a illa foi fortificada coa construción dunha fortaleza e utililizouse como ancoraxe e observatorio da frota de Rodas. O castelo helenístico sobrevive ata hoxe no pico máis alto ao leste da illa do castelo. Partes de dito castelo helenístico utilizouse para a construción medieval, un castelo construído en 1475, cando Rodas e as súas illas foron ocupadas polos cabaleiros. Na costa de Emporio atoparonse tumbas romanas e vellos muros visibles e os cimentos dunha basílica paleocristiá.

O asentamento de Alimia construíuse no fondo da baía máis grande da illa. Inclúe varios edificios, a maioría dos cales están en ruínas debido ao abandono do asentamento na década de 1940. Ao noroeste da localidade, a pouca distancia da costa hai un pequeno lago con auga salgada, que é unha das 37 zonas húmidas naturais no Dodecaneso.

Referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]