Alicia Crespí González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alicia Crespí González
Nacemento24 de outubro de 1922
 Pontevedra
Falecemento31 de maio de 2012
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncientífica e catedrática
editar datos en Wikidata ]

María Alicia Crespí González, nada en Pontevedra o 24 de outubro de 1922 e finada en Madrid o 31 de maio de 2012, foi unha científica e profesora galega, a primeira catedrática dunha escola superior en España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neta de Antonio Crespí Más, secretario do Instituto de Pontevedra, por parte paterna e de Avelina Pérez Vázquez por parte materna. Estudou no colexio das Doroteas. Iniciou a carreira de químicas na Universidade de Santiago de Compostela e rematou en Madrid, onde tamén fixo o doutoramento. Foi catedrática de electrotecnia, luminotecnia e técnicas de acondicionamento e acústica na ETS de Arquitectura de Madrid, investigadora na Junta de Energía Nuclear e catedrática de materias primas da Escola de Comercio de Cidade Real.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ángel González Ferrero. Legou ao Museo de Pontevedra 840.000 euros e unha colección de arte.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]