Alianza Foral Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Alianza Foral Navarra foi un partido político de Navarra, que se definía como foralista e contrario a calquera forma de integración de Navarra na Comunidade Autónoma Vasca e defensor da tradición católica. Rexistrado o 7 de marzo de 1977, propugnou o non á Constitución española de 1978 por considerala atea, marxista e perigosa para a unidade de España. Trala formación da Unión del Pueblo Navarro en 1979 gran parte dos seus militantes integráronse nela. Nas eleccións xerais de 1977 tivo 21.900 votos (8,49%)