Alfredo Vilar Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfredo Vilar Veiga
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1979 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueiro , político Editar o valor em Wikidata

Alfredo Vilar Veiga, nado en Vigo o 27 de febreiro de 1893 e finado na Coruña o 27 de xullo de 1979, foi un banqueiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña.[1] Durante a guerra civil foi subinspector xeral de servizos da administración do Banco de España. Militou en Izquierda Republicana e estaba afiliado á UGT. Ao rematar a guerra pasou a Francia e despois exiliouse en México coa familia arrivando a Veracruz no buque Ipanema o 7 de xullo de 1939.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1941.[3] Retornou a Galicia a finais dos anos sesenta. Finou na Coruña o 27 de xullo de 1979.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rolindes Munch Zapata, irmá de Antonio Munch Zapata, e foi pai de Alfredo, Enrique e José Vilar Munch.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 31-5-1904, p. 2.
  2. Asilados politicos españoles a bordo del vapor Ipanema
  3. BOE, 18-6-1941, p. 2516.
  4. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-7-1979, p. 55.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]