Alfonso Viña Ouro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Palas de Rei, España |
Morte | 13 de maio de 1966 Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Alfonso Viña Ouro, coñecido como Alfonso de Xeré, nado en Palas de Rei e finado en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1966,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sobriño de José Ouro Arias, tiña unha casa soarega en Xeré (Meixide) onde vivía co seu curmán José Ouro Arias de Xeré (fillo de solteira de Amalia Ouro Arias).[2] Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Palas de Rei en 1926.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado secretario do concello de Palas de Rei en agosto.[4]
Predecesor: Casimiro Penoucos Carnero |
Alcalde de Palas de Rei 1926 - 1929 |
Sucesor: Manuel Vázquez Ouro |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 14-5-1966, p. 4.
- ↑ Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 134–138. ISBN 84-87783-79-1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-8-1926, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-8-1936, p. 7.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pardo de Neyra, Xulio (2017). Da fidalguía á República. Achegamento histórico aos estratos fidalgo e labrego da Ulloa através das familias Arias-Somoza e Ouro.