Alfonso Vega Olivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonso Vega Olivera
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , funcionario , político Editar o valor em Wikidata

Alfonso Vega Olivera, nado en Madrid cara a 1907 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1936, foi un avogado, funcionario e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprobou as oposicións de ingreso no Corpo técnico de Correos en 1934,[1] e foi nomeado Administrador de Correos de Sanxenxo. En xaneiro de 1936 foi elixido vogal da directiva de Izquierda Republicana de Sanxenxo presidida por Manuel Iglesias Constenla.[2] En abril de 1936 foi agredido por Modesto Gómez Romay.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 20 de novembro con José Carballa Sanín e José Lorenzo Señoráns,[4] foi condenado a pena de morte. Foi executado no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai (Monteporreiro) o 7 de decembro de 1936.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Llorente Barahona.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Madrid, 6-7-1934, p. 201.
  2. El País, 17-1-1936, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 25-04-1936, p. 13.
  4. El Pueblo Gallego, 21-11-1936, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 8-12-1936, p. 10.
  6. El Pueblo Gallego, 17-11-1934, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]