Alfonso Trabazo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1926 ![]() Silleda, España ![]() |
Morte | 28 de decembro de 1975 ![]() Silleda, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Antonio Trabazo Lorenzo ![]() |
Alfonso Trabazo Lorenzo, nado en Silleda o 18 de decembro de 1926 e finado no mesmo concello o 28 de decembro de 1975, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Trabazo González e irmán de Antonio Trabazo Lorenzo, que fora alcalde nos anos da II República Española, Trabazo foi concelleiro de Silleda dende 1968 e primeiro tenente alcalde. A finais de xaneiro de 1974 foi nomeado alcalde de Silleda para substituír o falecido Benito Rivas Fondevila.[1] Permaneceu no cargo ata a súa morte en decembro de 1975.
Predecesor: Benito Rivas Fondevila |
![]() Alcalde de Silleda 1974 - 1975 |
Sucesor: Casimiro Fernández Otero |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa da vila de Silleda leva o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 30-1-1974, p. 10.